Espere, por favor...
Espere, por favor...
Seleccionar idioma
Sede Electrónica CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica
CONCELLO DE CULLEREDO

Comunicación previa de obras de adaptación de locais para actividades (URB.06)

Escudo de CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica > Comunicación previa de obras de adaptación de locais para actividades (URB.06)

Comunicación previa de obras de adaptación de locais para actividades (URB.06)

A partir do día 01/01/2025
Descrición

O interesado pon en coñecemento da administración municipal, que reúne os requisitos para realizar as obras precisas para acondicionar un local, previamente ao comezo dunha actividade, sempre que estas obras non estean suxeitas a licenza conforme a Lei do Solo de Galicia.

Ver "Actividades e obras suxeitas a comunicación previa" dentro da apartado "Documentación".

Forma de inicioInstancia de parte.
Quen o pode solicitar?Calquera persoa física ou xurídica.
Qué documentación debo achegar ?
  1. DOCUMENTACIÓN XERAL
    1. Datos identificativos da persoa solicitante:
      1. Persoas físicas:
        1. DNI (ou documento que faga as súas veces) do solicitante e do representante.
        2. Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente esta representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      2. Persoas xurídicas:
        1. DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
        2. Escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou a acta fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    2. Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.).
    3. Proxecto técnico das obras de adaptación que se van a realizar, asinado por técnico competente, incluíndo planos de situación e deslinde, plantas, alzados e seccións do local e xustificación do cumprimento das esixencias básicas do Código Técnico da Edificación. O proxecto deberá xustificar que, tras as obras, o local será apto para o novo uso, conforme a normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido.
    4. Proxecto técnico da actividade e das instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente.
    5. Copia das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da obra e actividade.
    6. Oficio de dirección das obras.
    7. Reportaxe fotográfica do local, fachadas e interior do local, subscribido pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
    8. Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de maneira que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
    9. No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación, renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación.
    10. Xustificante de pago da autoliquidación da taxa correspondente.
    11. Xustificante de pago da autoliquidación do I.C.I.O.
  2. SE A ACTIVIDADE ESTÁ SUXEITA AO PROCEDEMENTO PREVIO DE AVALIACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL.
    1. Declaración de incidencia ambiental.
    2. Copia do proxecto de obra ou actividade asinada por técnico/a competente. 
    3. Certificado do técnico/a ou dos/das técnicos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa normativa técnica de aplicación.
Cómo solicitalo?
  • Telematicamente: A través da sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado).  Obrigatorio para persoas xurídicas (art. 14.2 Lei 39/2015).
  • Presencial: No rexistro xeral de entrada do Concello de Culleredo, situado no edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa do concello (rúa do Concello nº 12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Tributos

Ordenanza fiscal núm. 16 (taxa).

Ordenanza fiscal núm. 5 (I.C.I.O.).

Órgano que o tramitará?

Servizo de Urbanismo.

Teléfono: 981 67 77 77 (Ext: 1130 - 1131 - 1133 - 1134).

Correo electrónico: urbanismo@culleredo.es.

Órgano que o resolverá?Concelleira delegada de Urbanismo.
Qué efectos ten o silencio administrativo?

Art. 12 do Decreto 144/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE).

Lexislación normativa aplicable
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia (LSG).
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia (RLSG).
  • Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia (PBA).
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e competitividade económica de Galicia (LECEG).
  • Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE).
Observacións

De conformidade co establecido nos artigos 146 LSG e 361 RLSG, transcorridos 15 días hábiles desde a presentación da comunicación previa, con toda a documentación completa, esta comunicación constitúe un título habilitante para o inicio das obras comunicadas, sen prexuízo de posteriores facultades de comprobación, control e inspección que poidan ser realizadas polo Concello.

Requisitos da instancia

  • A instancia deberá ser asinada
  • Permite interesados que sexan persoas físicas
  • Permite interesados que sexan persoas xurídicas
  • Permite interesados que sexan persoas físicas representadas por outra persoa física
CONCELLO DE CULLEREDO - P1503100H
Rua do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Precarga de imagen Precarga de imagen