É un documento de carácter puramente informativo en relación coa residencia no municipio e o domicilio habitual no mesmo conforme os datos do Padrón Municipal de Habitantes, de acordo co establecido no artigo 61 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial da Entidades Locais aprobado por RD 1690/1986, do 11 de xullo.
Os cidadáns precisan de volantes para a realización de trámites tales como: expedición do DNI., pasaporte, Xefatura de Tráfico (altas, transferencias, matriculación de vehículos, modificación de datos), bolsas de traballo, universidade, parellas de feito, aduanas, residencia de anciáns, solicitude de vivendas, matrículas de institutos, colexios e garderías, trámites na Axencia Tributaria, colexiación ante colexios profesionais, cursos de formación, adquisición de vivendas, Instalacións municipais etc., a condición de que non se lles esixa documento público fidedigno sobre a residencia e domicilio habitual, nese caso deberán solicitar certificado do Padrón Municipal.
Persoas físicas residentes ou que residisen no Municipio de Culleredo.
Plazo normal de resolución:
Secretaría Xeral - Rexistro e Atención Cidadá
No caso de tramitación presencial, é necesario acreditar a identidade, mediante a presentación do DNI, NIE ou outro tipo de documento acreditativo. No caso de tramitación online, acceda con Certificado dixital. Se non é o titular, deberá presentar a debida autorización, copia de documento identificativo do interesado e documento identificativo do autorizado.Menores de idade: poderán solicitarse polos pais ou titores legais previa acreditación da súa identidade e da documentación que acredite a súa condición ( libro de familia ou documento que outorgue a tutela ). No caso de que se solicite por un proxenitor que non resida no mesmo domicilio requirirase a achega da autorización do outro proxenitor.