Tarxeta de armas 4ª categoría -aire comprimido-
Policía Local
Esta licenza habilita para armas da categoría 4ª:
1. Carabinas e pistolas, de tiro semiautomático e de repetición ; e revólveres de dobre
acción, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.
2. Carabinas e pistolas, de ánima lisa ou raiada, e dun só tiro, e revólveres de acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.
A súa validez está limitada ao respectivo termo municipal.
O seu uso é restrinxido e só poderán ser utilizadas nos polígonos, galerías ou campos de tiro e nos espazos nos que se poida facer uso de armas de aire comprimido da categoría 4.ª, que previamente deberán ser autorizados polo Alcalde do municipio.
Nunca deben utilizarse en espazos públicos, nin sequera nos apartados de vías de comunicación e o seu uso está sometido a autorización previa.
Persoas físicas
Non
Continua
• Telematicamente: A través da Sede Electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado). Obligatorio para persoas xurídicas (art.14.2 Lei 39/2015).
• Presencial: No Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (oficinas de Correos, Entidades adheridas a Ventanilla Unica, SIR, ORVE).
-L.O. 4/2001, Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición. -L.O. 3/2018, Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. -L. 39/2015, Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. -L. 7/1985, Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
1.Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou autorización de residencia, —para estranxeiros residentes en España—, en vigor.
2.Certificado de antecedentes penais do peticionario.
3.Fotocopia da Factura de compra en armería ou establecemento autorizado. En caso de adquirila a un particular deberá presentar o contrato de compra/venda da arma.
4. Documentación onde se reflictan as características técnicas das armas adquiridas.
Finalizados os trámites, e en caso de concesión da mesma, desde a Policía Local citaráselle para facerlle entrega da Tarxeta de Armas.
Teléfono: 981 67 77 55 (Ext: 6001-6004)
Correo electrónico: policia@culleredo.es