Este trámite permite a presentación de mocións ou propostas dos grupos políticos municipais da Corporación local.
-Art. 46.2.e) da Lei 7/1985 (LBRL)
-Arts. 85 e 98 do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Culleredo (ROM)
Os grupos políticos municipais a través dos seus concelleiros/as poderán presentar mocións ao Pleno municipal para o seu debate e votación. As mocións poderán presentarse en calquera momento anterior á convocatoria do Pleno, de forma que as presentadas unha vez convocado o Pleno só poderán tratarse na devandita sesión previa xustificación e votación da urxencia.
Secretaría Xeral
Teléfono: 981 67 77 77 (Ext: 1106 )
Correo electrónico: secretaria@culleredo.es