Espere, por favor...
Espere, por favor...
Seleccionar idioma
Sede Electrónica CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica
CONCELLO DE CULLEREDO

Autorización venda ambulante -Feirón- (DIN.01)

Escudo de CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica > Autorización venda ambulante -Feirón- (DIN.01)

Autorización venda ambulante -Feirón- (DIN.01)

A partir do día 01/01/2025

Descrición
A través deste procedemento as persoas interesadas poderán solicitar a emisión do permiso de ocupación de vía pública necesaria para a instalación dun posto de venda ambulante no mercado mensual do segundo domingo en Vilaboa ou do cuarto xoves no Burgo ou de ambos os mercados.
Forma de inicioInstancia de parte.
Quen o pode solicitar?Tanto persoas físicas como persoas xurídicas.
Prazo de presentaciónEn calquera momento ao longo do ano.
Qué documentación debo achegar ?- Copia do DNI. No caso de que o solicitante sexa extranxeiro deberá acompañar fotocopia do NIE en vigor. No caso de que sexa persoa xurídica, aportarase copia do CIF.
- No caso de que o solicitante sexa estranxeiro pertencente a país non comunitario; permisos de residencia e traballo, segundo a normativa específica vixente, ou tarxeta de residencia, no caso de que proceda de país comunitario.
- Unha fotografía actual do solicitante (tamaño carné).
- Copia da alta no IAE que corresponda a actividade para a que solicita autorización.
- Copia da alta e do último recibo da seguridade social. Se é empregado copia do último TC2. Os/as socios/as das cooperativas de traballo social de venda ambulante desde o ano 2010 están encadrados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos obrigatoriamente.
- Copia da póliza de responsabilidade civil, subscrita e en vigor polo período que se solicita a autorización de venda ambulante no Concello de Culleredo e o xustificante de pago.
- Se a autorización afecta á venda de produtos alimentarios, deberá achegar fotocopia do documento acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos.
- Pago de taxas municipais polo exercicio de venda no dominio público municipal, correspondente ó exercicio polo que se solicita a autorización.
- Documentación recollida nos puntos 1, 2 e 3 das persoas autorizadas.
Como solicitalo?

  •   Telematicamente:  A través da Sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado).  Obligatorio para persoas xurídicas (art.14.2 Lei 39/2015).

 •   Presencial:  No Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

TributosOrdenanza Fiscal Nº20 Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
Órgano que o tramitará?

Servizo de Dinamización, Formación e Emprego

Teléfono: 981 66 42 04 (Ext: 4110-4111-4112)

Correo electrónico: dinamizacion@culleredo.es

Órgano que o resolverá?Servizo de Dinamización, Formación e Emprego
Prazo de tramitaciónDous meses.
Que efectos ten o silencio administrativo?Negativo.
Recursos posiblesRecurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Cualquera outro que se considere procedente.


 

Requisitos da instancia

  • A instancia non require firma
  • Permite interesados que sexan persoas físicas
  • Permite interesados que sexan persoas xurídicas
  • Permite interesados que sexan persoas físicas representadas por outra persoa física
CONCELLO DE CULLEREDO - P1503100H
Rua do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Precarga de imagen Precarga de imagen