Espere, por favor...
Espere, por favor...
Seleccionar idioma
Sede Electrónica CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica
CONCELLO DE CULLEREDO

Declaración responsable instalación estrutura non permanente desmontable para espectáculo ou actividade recreativa (DIN.05)

Escudo de CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica > Declaración responsable instalación estrutura non permanente desmontable para espectáculo ou actividade recreativa (DIN.05)

Declaración responsable instalación estrutura non permanente desmontable para espectáculo ou actividade recreativa (DIN.05)

A partir do día 01/01/2025
DescriciónA través de este procedemento as persoas físicas ou xurídicas poderán solicitar a instalación de estrutura non permanente desmontable para celebración de espectáculo público ou actividade recreativa (escenarios, carpas, atraccións de feira, postos de alimentación, postos de venta...).
Forma de inicioInstancia de parte.
Quen o pode solicitar?As persoas físicas ou xurídicas propietarias das estruturas non permanentes desmontables.
Prazo de presentación15 días antes da celebración da festa ou verbena popular ao aire libre.
Qué documentación debo achegar ?- Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (DLO-002).
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade.
(Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persona técnica competente).
- Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso ou copia dos mesmos (Disp. Trans. 3ª da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia).
- Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento ou espacio aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.
- Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
- Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
- A marcación CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características.
- O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.- No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE).- No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos.
- No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites.
Como solicitalo?

  •   Telematicamente:  A través da Sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado).  Obligatorio para persoas xurídicas (art.14.2 Lei 39/2015).

 •   Presencial:  No Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Órgano que o tramitará?

Servizo de Dinamización, Formación e Emprego

Teléfono: 981 66 42 04 (Ext: 4110-4111-4112)

Correo electrónico: dinamizacion@culleredo.es

Órgano que o resolverá?Servizo de Dinamización, Formación e Emprego.
Cando estará resolto e cando se me notificará?Dous meses.
Que efectos ten o silencio administrativo?Negativo.
Recursos posiblesRecurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Calquera outro que se estime procedente.


 


 

Requisitos da instancia

  • A instancia non require firma
  • Permite interesados que sexan persoas físicas
  • Permite interesados que sexan persoas xurídicas
  • Permite interesados que sexan persoas físicas representadas por outra persoa física
CONCELLO DE CULLEREDO - P1503100H
Rua do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Precarga de imagen Precarga de imagen