Espere, por favor...
Espere, por favor...
Seleccionar idioma
Sede Electrónica CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica
CONCELLO DE CULLEREDO

Declaración responsable de festas ou verbenas populares (DIN.03)

Escudo de CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica > Declaración responsable de festas ou verbenas populares (DIN.03)

Declaración responsable de festas ou verbenas populares (DIN.03)

A partir do día 01/01/2025
DescriciónA través de este procedemento as comisións de festas, agrupacións ou asociacións de veciños poderán solicitar a emisión do permiso de ocupación de vía pública necesaria para a realización de festa ou verbena popular ao aire libre.
Forma de inicioInstancia de parte.
Quen o pode solicitar?As comisións de festas, agrupacións ou asociacións de vecinos.
Prazo de presentación15 días antes da celebración da festa ou verbena popular ao aire libre.
Qué documentación debo achegar ?- Instancia de solicitud debidamente cumplimentada na que se relate o programa de activiades a realizar e as súas características (DLO-001).
- A póliza do seguro de responsabilidade civil que cubra os días de celebración da festa ou verbena popular por unha cuantía mínima de 300.000 €.
- Ol recibo de pago do seguro de responsabilidade civil.
Como solicitalo?

 •   Telematicamente:  A través da Sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado).  Obligatorio para persoas xurídicas (art.14.2 Lei 39/2015).

 •   Presencial:  No Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

TributosOrdenanza Fiscal Nº20 Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
Artigo 1: non está suxeito a esta taxa o uso do dominio público que o concello autoriza ás comisións de festas nos días de festas patronais para a celebración das mesmas nin o uso derivado da realización de actos de promoción municipal que así sexan declarados, dado que non existe tal afección ou beneficio particular.
Órgano que o tramitará?

Servizo de  Dinamización, Formación e Emprego.

Teléfono: 981 66 42 04 (Ext: 4110-4111-4112)

Correo electrónico: dinamizacion@culleredo.es

Órgano que o resolverá?Servizo de Dinamización, Formación e Emprego.
Cando estará resolto e cando se me notificará?2 meses.
Que efectos ten o silencio administrativo?Negativo.
Recursos posiblesRecurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Calquera outro que se estime procedente.


 

Requisitos da instancia

  • A instancia deberá ser asinada
  • Permite interesados que sexan persoas físicas
  • Permite interesados que sexan persoas xurídicas
  • Permite interesados que sexan persoas físicas representadas por outra persoa física
CONCELLO DE CULLEREDO - P1503100H
Rua do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Precarga de imagen Precarga de imagen