Espere, por favor...
Espere, por favor...
Seleccionar idioma
Sede Electrónica CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica
CONCELLO DE CULLEREDO

Acceso a información pública -transparencia- (SEC.06)

Escudo de CONCELLO DE CULLEREDO
Sede Electrónica > Acceso a información pública -transparencia- (SEC.06)

Acceso a información pública -transparencia- (SEC.06)

A partir do día 01/01/2025
DescriciónA Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG) prevé que información deben publicar as Administracións Públicas para coñecemento dos cidadáns. Toda esta información queda recollida no Portal da Transparencia.
Adicionalmente á información publicada no Portal da Transparencia, o cidadán poderá exercer o seu Dereito de Acceso. Este novo dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública.
O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei, entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
Forma de inicioInstancia de parte

Quen o pode solicitar?

Prazo

Calquera persoa que desexe exercer o seu Dereito de Acceso á Información Pública.

En calquera momento ao longo do ano

Organo tramitador e datos para información adicional

Secretaría Xeral

Teléfono: 981 67 77 77 (Ext: 1106)

Correo electrónico:  secretaria@culleredo.es

Qué documentación debo achegar ?Instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
Como solicitalo?

 •   Telematicamente:  A través da Sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado).

  •   Presencial:  No Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazo de tramitación1 mes

Requisitos da instancia

  • A instancia deberá ser asinada
  • O trámite require que o/a solicitante identifíquese e firme con certificado dixital
  • Permite interesados que sexan persoas físicas
  • Permite interesados que sexan persoas xurídicas
  • Permite interesados que sexan persoas físicas representadas por outra persoa física
CONCELLO DE CULLEREDO - P1503100H
Rua do Concello, 12
15189 Culleredo (A Coruña)
Precarga de imagen Precarga de imagen