A través deste procedemento poderase tramitar a obtención de licenza para a realización de obras calificadas como maiores na normativa urbanística de aplicación.
Instancia de parte.
Persoas físicas ou persoas xurídicas.
En calquera momento previo a realizar a obra.
• Telematicamente: A través da sede electrónica, pulsando o botón “Nova instancia” situado ao final desta páxina, para iniciar o trámite (recomendado). Obligatorio para persoas xurídicas (art.14.2 Lei 39/2015).
• Presencial: No rexistro xeral de entrada do Concello de Culleredo, situado no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (rúa Ramón Cabanillas nº 14, O Burgo); na Casa Consitorial (rua do Concello nº12, Tarrío), en horario de 9.00 a 14.00h (de luns a venres); ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Ordenanza fiscal correspondente publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica.Ordenanzas e Regulamentos
Servizo de Urbanismo.
Teléfono: 981 67 77 77 (Ext: 1130-1131-1133-1134).
Correo electrónico: urbanismo@culleredo.es
Resolución da Concelleira delegada de Urbanismo.
As peticións de licenza resolveranse no prazo de tres meses, a contar dende a presentación da solicitude coa documentación completa no rexistro do concello.
Unha vez que transcorra o prazo sen comunicar ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. En ningún caso entenderanse adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou plan urbanístico.
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.Cualquera outro que se considere procedente.